Saltar ao contido

The Midnight Sky

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

The Midnight Sky
Ficha técnica
Título orixinalThe Midnight Sky
DirectorGeorge Clooney
Produtor
GuiónMark L. Smith
Baseado enGood Morning, Midnight de Lily Brooks-Dalton
Intérpretes
MúsicaAlexandre Desplat
FotografíaMartin Ruhe
MontaxeStephen Mirrione
Estudio
DistribuidoraNetflix
Estrea11 de decembro de 2020
Duración118 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroCiencia ficción
Orzamento100 millóns de dólares
Recadación3 millóns de dólares
Na rede
IMDB: tt10539608 Filmaffinity: 363802 Allocine: 275220 Rottentomatoes: m/the_midnight_sky Allmovie: v725604 Metacritic: movie/the-midnight-sky
Twitter: midnightskymov Instagram: themidnightskymovie Netlix: 80244645 Editar o valor en Wikidata

The Midnight Sky é un filme estadounidense de 2020 dirixido por George Clooney. Baséase na novela de 2016 Good Morning, Midnight de Lily Brooks-Dalton. O guión foi escrito por Mark L. Smith. Clooney interpreta o papel principal no filme, un científico avellentado que debe aventurarse a través do frío círculo polar ártico para avisarlle a unha nave espacial interplanetaria que ocorreu unha catástrofe global na Terra. Felicity Jones, David Oyelowo, Tiffany Boone, Demián Bichir, Kyle Chandler e Caoilinn Springall compoñen o resto do elenco.

The Midnight Sky tivo unha estrea limitada nos cinemas dos Estados Unidos o 11 de decembro de 2020, antes da súa estrea en Netflix o 23 de decembro. Recibiu valoracións dispares da crítica, mais foi nomeado un dos dez mellores filmes de 2020 por National Board of Review.[1] Na 93ª edición dos Óscar, o filme foi nomeado na categoría de mellores efectos visuais, mais perdeu fronte a Tenet.[2]

Personaxes

[editar | editar a fonte]
  1. "Spike Lee's 'Da 5 Bloods' Named Best Film Of 2020 By National Board Of Review". Deadline Hollywood. 26 de xaneiro de 2021. Consultado o 26 de xaneiro de 2021. 
  2. Cohn, Gabe (15 de marzo de 2021). "2021 Oscars Nominees List". The New York Times.